Saltar ao contido principal
Promoción económicaDe balde

APROVEITAMENTO DE TERRAS: Alternativas sostibles para transformar terras abandonadas en oportunidades de futuro

Lab Barbanza Lab Barbanza (Polígono de Espiñeira, Boiro)
18 sept, 07:30 – 13:15

Grazas polo teu interese en participar na xornada Aproveitamento de Terras, evento organizado polo Lab Barbanza do concello de Boiro e financiado pola Deputación da Coruña no marco da Rede de espazos colaborativos. 

Ao longo desta sesión descubrirás diferentes alternativas para recuperar e poñer en valor terras agrarias e forestais en desuso mediante modelos sostibles que xa están a funcionar en Galicia.

A xornada combinará unha charla principal impartida por profesionais con ampla experiencia no sector e dous obradoiros prácticos entre os que poderás escoller segundo os teus intereses.

¿Cómo se desenvolverá a xornada?

1️⃣ Charla principal (común para todas as persoas asistentes)

A primeira parte do evento será unha charla práctica sobre:

  • Situación actual das terras en Galicia.

  • Alternativas de aproveitamento.

  • Casos reais.

  • Custos e oportunidades.

  • Axudas públicas.

  • Prevención de incendios.

  • Experiencias desenvolvidas no Barbanza.

2️⃣ Obradoiros prácticos

Neste formulario de inscrición poderás indicar o obradoiro da túa preferencia.

As prazas son limitadas para cada un ata completar o total dispoñible.

No caso de que o taller preferido estea completo, terás que elexir o outro obradoiro.

3️⃣ Experiencia gastronómica

Como peche do evento disfrutaremos dunha experiencia gastronómica, degustando productos locais proporcionados pola Comunidade de montes de Baroña e o Centro de transformación de Brión.

Actividades deste evento

  • Reprodución de especies vexetativas

    Aprenderás técnicas de propagación vexetal que permiten producir planta con altos índices de éxito e baixos custos.

  • Pensar o territorio antes de actuar

    Introdución ao deseño en Permacultura aplicada: Descubrirás como aplicar os principios da Permacultura para deseñar espazos máis resilientes e sostibles.

Información de contacto

davidgarciapose@gmail.com624719442Visitar sitio web

Debes iniciar sesión para reservar unha praza.

Iniciar sesión

Se aínda non tes unha conta, podes rexistrarte e non ter que achegar datos cada vez que reserves. Non che enviaremos nada que non sexa sobre as túas reservas.

Rexistrarse
ou

Cada reserva de convidado é para unha soa persoa.